Desde 17 Agosto 18:22 hasta 20 Septiembre 23:00
En IES Gregorio Fernández
Publicado por Cultura
Categorías: Cultura
Hits: 188
Durante todo e mes de agosto e ata o 20 de setembro, en tanto queden prazas vacantes, calquera persoa interesada pódese matricular para practicar, aprender e socializar en inglés na Extensión de Sarria da Escola Oficial de Idiomas no curso 2024-25. O comezo dos cursos será a partir da segunda semana de setembro nas dependencias do IES Gregorio Fernández, en Sarria.
Na Extensión de Sarria pódense cursar dende o nivel básico (A1-A2) ata o 1º curso de avanzado (C1.1), pasando por todos os cursos de nivel intermedio: B1, B2.1 e B2.2.
Este ano ofértase B1 tamén en modalidade semipresencial (unha única sesión presencial por semana e o resto do traballo en liña).
Outra importante novidade no curso 2024-25 son os cursos monográficos (obradoiros prácticos de destrezas orais) de nivel intermedio e de nivel avanzado, sen exames e pensados para quen partindo dun certo nivel de competencia (B1 ou B2) busca practicar para mellorar as súas destrezas orais: comprender e falar, mediante actividades de escoita e conversa sobre unha variedade de temas de interese (sociedade, tecnoloxía, educación, traballo, viaxes, tempo libre, saúde, terapias e coidados, relacións persoais, alimentación, novas tendencias, medio ambiente, artes e culturas...)
Todas as matrículas realízanse a través de Internet sen necesidade de desprazamentos. Durante o mes de agosto pódese contactar coa oficina administrativa da Escola de luns a venres de 10:00 a 13:00 para resolver calquera dúbida no teléfono 982 829 230. Tamén no enderezo electrónico
A partir do 2 de setembro poderase contactar coa xefatura de estudos adxunta en Sarria no enderezo
Na páxina web da EOI de Lugo atópanse a información e as ligazóns para matricularse directamente: https://www.edu.xunta.gal/centros/eoilugo/
Aquí pódese consultar a oferta de grupos e horarios nos que aínda temos prazas en Sarria: https://www.edu.xunta.gal/centros/eoilugo/taxonomy/term/11
O inglés é a ferramenta clave para comunicarse, viaxar, aprender e progresar no mundo de hoxe.