Sarria

U-la lúa? - Unha nova proposta teatral na nosa biblioteca

Portada do cont U-la lúa no que está inspirada a actividade.

Venres 23 de outubro ás 17:30 horas.

Idades: dende os 4 anos

Duración: 45 min.

 

É preciso reservar cita para asistencia chamando á Biblioteca: 982 53 07 23

Unha proposta escénica dirixida a un público familiar.

En U-la Lúa? cobran importancia valores como a tenrura, o respecto ou a solidariedade. Un mundo onde a violencia non ten cabida, e onde ilusión fai dos soños unha realidade.

Lúa é unha gatiña pequena, algo tímida e asustadiza. Vive coa súa avoa nunha humilde casa. No exterior contan cun fermoso xardín no que Lúa pasa as horas xogando soa. Non ten irmáns e a avoa lle deixa saír fóra, mais Lúa soña con viaxar, coñecer novos lugares e ter amigas e amigos para xogar.

Illada do mundo, sen ver máis alá dos muros que rodean o xardín, un día deulle por subir a ese muro. O que viu dende alí deixouna apampada. A tan só unha carreiriña había un parque! Cos seus bambáns e un tobogán enorme. Chegaría nun intre. Era doado… ou iso semellaba.

Tagged under Biblioteca cultura
SARRIA WEATHER

Sarria

Select your language