Dende 12 Maio 2023 22:00 ata 12 Maio 2023 23:55
En Casa da Cultura, rúa Marqués de Ugena s/n
Publicado por Cultura
A Lansquenet, un pobo francés moi tradicional, onde nada cambiou nos últimos cen anos, o Vento do Norte leva consigo a dúas forasteiras: Vianne Rocher (Juliette Binoche) e a súa filla Anouk (Victoire Thivisol). Vianne inaugura unha chocolatería repleta de doces capaces de espertar os ocultos apetitos dos habitantes do pobo. Posúe, ademais, un don especial que lle permite percibir os desexos dos demais e satisfacelos co doce exacto.