Cabalgata dos Reis Magos.

Cabalgata dos Reis Magos.

Dende 05 Xaneiro 2024 18:00 ata 05 Xaneiro 2024 21:00

En Sarria

Publicado por Cultura

Categorías: Cultura

Visitas: 348


O venres 5 de xaneiro desde as 18:00 horas os Reis Magos percorrerán as rúas de Sarria na tradicional Cabalgata, que sairá da Feculeira e rematará na Praza da Vila, onde as súas maxestades recibirán as nosas peticións e cartas.

 

Como novidade deste ano, e en consideración ás persoas con hipersensibilidade acústica, o son será moderado entre os cruces da Avenida de Portomarín e a rúa Pedro Saco da Rúa da Liberdade.

 

Todos/as aqueles/as que queiran acompañar a Melchor, Gaspar e Baltasar como paxes poden poñerse en contacto coa área de Cultura do concello mediante mail a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou chamando ao 982 535000.

 

Do percorrido dos Reis Magos polas parroquias sarriás informaremos en breve.