Dende 02 Febreiro 20:00 ata 02 Febreiro 22:00
En Casa da Cultura, rúa Marqués de Ugena s/n
Publicado por Cultura
Categorías: Cultura
Visitas: 41
Moitos chistes cos que hoxe nos reimos son unha adaptación de contos vellos. De curas, de ricos, político... que hoxe cambiaron fórmalas pero non os contidos nin o fondo: reirse. Especialmente de quen manda. É algo así como dicir: "se non podes desobedecer, polo menos ri del"
Ademais, os contos, os chistes, non teñen máis fronteira que o sentido do humor de cada un. Por iso hai contos que se contan moi, moi parecidos en distintos países. É coma se a globalización económica chegase despois da globalización do humor. Así, hai contos que coñecemos como moi galegos, que se contan hoxe en día en China ou en Vietnam.