Dende 02 Mai 10:00 ata 02 Mai 21:00
En Novo Pavillón do Chanto
Publicado por Cultura
Sarria acolle o I Torneo de Ximnasia Rítmica Sarria Vila Xacobea!
O Pavillón Novo do Chanto reunirá a máis de 600 ximnastas e ás súas familias nunha xornada chea de deporte e moi bo ambiente.
O torneo é organizado polo club rítmica Atalaia en colaboración co concello de Sarria.
A competición desenvolverase en duas quendas, en xornada de mañá e tarde.
Pola mañá comenzará ás 10:00 e será o turno do Nivel B, promoción e prebase
Pola tarde o inicio será ás 16:30 e levarase a cabo a competición do nivel escolar
O clube agradece o compromiso de todas as persoas implicadas na organización, así como o apoio de colaboradores, familias e clubes participantes, que fan posible un evento destas características.
Parabéns a todas as ximnastas, equipo técnico e familias polo seu esforzo e dedicación.
Será, sen dúbida, unha gran celebración deste gran deporte!