XXVI Feira de Antigüidades e Restauración San Lázaro 2023
Dende
29 Abril 2023 13:00
ata
01 Maio 2023 22:30
- A Feira de Antigüidades e Restauración de San Lázaro é un evento que consistente nun mercado urbano o cal engloba coleccionismo e antigüidades. Nel pódense atopar obxectos de todo tipo, pezas de colección, antigüidades, xoias, libros, discos, mobles de diversos estilos, obxectos etnográficos, arte e variados obxectos de decoración. A oferta amplíase con actividades culturais, artísticas e folclóricas; exposicións e outras actividades de ocio como demostracións de artesanía e gastronomía.
- O recinto feiral localízase na Rúa do Porvir e Rúa Marqués de Ugena, próximo ao casco histórico de Sarria e o paso do Camiño Francés.