Dende 29 Outubro 18:00 ata 29 Outubro 20:00
En Casa da Cultura, rúa Marqués de Ugena s/n
Publicado por Cultura
O Concello de Sarria estende os Obradoiros de Outono de #SarriaAcendida cunha nova proposta literaria titulada "Raíces de Tinta". Impartido por María Casar na Casa da Cultura, este obradoiro de escritura creativa busca ser un espazo libre para aprender a dar forma escrita a historias, recordos e ideas.
As sesións serán gratuítas e desenvolveranse de 18:00 a 20:00 horas durante catro xornadas: o 15 e 29 de outubro, e o 12 e 26 de novembro.
Aas persoas interesadas deben realizar unha inscrición previa a través do seguinte enderezo: docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScrKWt5ZZPg3B93XoUuXMopXBUdbRmPDhYkKHMeuSuf6AYqUw/viewform?usp=publish-editor