Semana Santa

Semana Santa

Dende 25 Marzo 2023 19:00 ata 09 Abril 2023 00:00

En sarria 27600

Publicado por Cultura

Categorías: Cultura

Visitas: 406


PROGRAMA DE ACTOS SEMANA SANTA
25 de Marzo, SÁBADO: CELEBRACIÓN PENITENCIAL (confesión), ás 19:00 horas, na Igrexa da Nosa Señora do Rosario, para todas as parroquias. (Suprímese a misa de Santa Mariña).
26 de Marzo, DOMINGO: ás 18:00 horas, no Convento da Mercé, concerto de Ars Combinatoria Coro e Orquestra, da Pasión según San Juan de J. S. Bach.
31 de Marzo, VENRES: ás 19:00 horas misa na honra a VIRXE DAS DORES, na Igrexa de Santa Mariña.
PREGÓN, ás 20:00 horas, na Igrexa de Santa Mariña a cargo de Dona Rocío López Núñez.
A continuación, actuación da Coral Sarricanta de Sarria.
DOMINGO DE RAMOS (2 de Abril): BENZÓN DE RAMOS,
ás 12:00 do mediodía, Na Igrexa do Convento da Mercé e saída da PROCISIÓN DA BURRIÑA ata a Igrexa da Nosa Señora do Rosario, onde se celebrará a EUCARISTÍA ás 13:00 horas.
COLECTA para a atención das necesidades de BORDÓN SARRIAO .
LUNS SANTO (3 de Abril): UNCIÓN DE ENFERMOS, para todas as parroquias, na Igrexa da Nosa Señora do Rosario, ás 19:00 horas. (Suprímese a misa de Santa Mariña).
MÉRCORES SANTO (5 de Abril): MISA ás 19:00 horas, na Igrexa de Santa Mariña. A continuación VIACRUCIS para todas as parroquias, dende Santa Mariña ao Convento, coas imaxes do CRISTO CRUCIFICADO do Convento e da NOSA SEÑORA DA PAZ da Orden Terceira da Merced (V.O.T.).

XOVES SANTO (6 de Abril): MISA DA CEA DO SEÑOR.
Ás 19:00 horas: Na Igrexa da Nosa Señora do Rosario. A continuación ADORACIÓN NOCTURNA, aberta a todos os fieis.
Ás 18:00 horas: na Igrexa de Santa Mariña
Ás 19:00 horas: Na Igrexa de Vilar de Sarria.
Ás 19:00 horas: Na Igrexa do Convento da Mercé.
HORA SANTA, ás 21:00 horas, na Igrexa da Nosa Señora do Rosario.
Ás 22:30 horas, PROCISIÓN DO SILENZO, dende o Convento a Santa Mariña, coa imaxe de XESÚS CAUTIVO da Orden Terceira da Merced (V.O.T.).
VENRES SANTO (7 de Abril): PAIXÓN DO SEÑOR.
Ás 17:00 horas: na Igrexa de Santa Mariña; Ás 17:30: na Igrexa da Nosa Señora do Rosario.
Ás 18:00 no Convento da Mercé e ás 19:00 horas na Igrexa de Vilar de Sarria.
PROCISIÓN DO SANTO ENTERRO, ás 20:00 horas, dende o Convento da Mercé á Igrexa da Nosa Señora do Rosario (se o tempo o permite).
SÁBADO SANTO (8 de Abril): VIXILIA PASCUAL para todas as parroquias.
Ás 23:00 horas no Convento da Mercé.

DOMINGO DA PASCUA DE RESURRECIÓN (9 de Abril)
Misas de costume en cada parroquia.
Acto de BENZÓN DA AUGA nas misas parroquiais.