DHU Vila de Sarria 2022
Durante todo o fin de semana do 30 e 31 de xullo de 2022, Sarria recibirá a visita de centos de ciclistas.
Un circuíto que transcorre dende o punto máis alto do pobo, o "Campo da Feira" ata a illa situada no Paseo do Malecón.
Proposta atractiva de ciclismo nun percorrido de 1,2 quilómetros en continuo descenso, rúas de asfalto, escaleiras, ramplas con recepcións, wall rides, dubbies , estructuras adaptadas desde tellados e solares , etc.
Recentemente premiado na Gala Ciclismo Galego ́17 pola Federación Galega de Ciclismo como Mellor Evento Deportivo.
Mini DHU Vila de Sarria
Adestramentos: de 9:30 a 11:00 horas
Carreira: 11:15 horas
Entrega de premios: 14:00 horas
DHU VILA DE SARRIA. BTT descenso
Sábado 30 de xullo.
Adestramentos : de 17:00 a 21:00 horas.
Domingo 31 de xullo.
Adestramentos: de 10:00 a 14:00 horas
Primeira manga: 16:00 horas.
Segunda manga: 17:30 horas.
Peche de carreira: 18:30 horas.
Entrega de premios e sorteo de regalos: 19:00 horas.
Máis info en www.dhgteam.es e www.fgalegaciclismo.es,