Sarria

Oficina Auxiliar de Rexistro

O Concello de Sarria dispón dun Rexistro Electrónico Xeral, no que se fai o correspondente asento de todo documento que sexa presentado ou que se reciba en calquera órgano administrativo, Organismo público ou Entidade vinculado ou dependente a estes, e dunha oficina de asistencia en materia de rexistros na que se poden presentar de forma presencial os escritos e documentos dirixidos ao Concello de Sarria e ao resto das Administracións Públicas, na que se dixitalizarán os documentos presentados, devolvéndose os orixinais aos interesados, sen prexuízo de aqueles supostos nos que a norma determina a custodia pola Administración dos documentos presentados ou resulte obrigatoria a presentación de obxectos ou de documentos nun soporte específico non susceptíbel de dixitalización.

Rexistro

Contacto

Dirección:
Rúa Maior 14
Correo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
Teléfono: 982 535 000 | Ext. 3002

O horario de atención ao público da oficina de asistencia en materia de rexistros é de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

No Catálogo de trámites da sede electrónica do Concello de Sarria pódense descargar as instancias dos distintos procedementos administrativos e tamén tramitalos electronicamente.

Formulario de contacto

Enviar un correo electrónico. Todos los campos con un asterisco ('*') son obligatorios.
SARRIA WEATHER

Sarria

Seleccione su idioma