A primeira entrada no libro de rexistro da Biblioteca Pública Municipal de Sarria esta datada o 12 de xullo de 1973. Tratábase da “Enciclopedia da Cultura Española”, que formaba parte do lote fundacional que o Servizo Nacional da Lectura subministraba ás bibliotecas de nova creación.
Nun pleno municipal en 2008, por unanimidade, acordouse nomeala Biblioteca Pública Municipal "Camilo Gonsar", na honra do escritor e galeguista Camilo González Suárez-Llanos, nado en Sarria.
No mesmo ano, a nosa biblioteca uniuse á Rede de bibliotecas públicas de Galicia.
Na actualidade, no noso catálogo hai máis de 14000 libros e publicacións periódicas a disposición de toda a cidadanía. E todos os anos incorpóranse máis exemplares de libros e novidades editoriais a cargo do Concello de Sarria, de subvencións da Rede de bibliotecas públicas de Galicia, e de doazóns doutros organismos públicos e particulares.
No mes de outubro lévanse a cabo diversas actividades da promoción da lectura a través do programa “Ler conta moito”.
Biblioteca: Horario de 10:00 a 13:30 e de 16:00 a 20:00 horas de luns a venres..
Sala de Estudo: Horario continuo con tarxeta de acceso de 08:00 a 00:00 horas de luns a domingo.
Rúa Marqués de Ugena, s/n
Teléfono: 982530723
Enderezo Electrónico:

