Aula Aberta:
O horario da aula estará suxeito a cambios en función da planificación das actividades de formación e difusión que se realicen mes a mes.
Podes utilizar a aula CeMIT para realizar:
- Cursos de formación e relatorios.
- Teleformación.
- Roldas de prensa.
- Videoconferencias/multivideoconferencias.
- Reunións de traballo.
- Visionado de audiovisuais.
- Edición e creación de material multimedia e/ou audiovisual.
- Xestións coa Administración Pública, comercio electrónico, banca por Internet, seguimento de novas, etc.
- Uso do DNI electrónico.
- Conferencias.