Programa "Educando sen Fronteiras"
O programa "Educando sen Fronteiras" promovido pola concelleira delegada das áreas de Políticas Sociais e Igualdade do Concello de Sarria contará cun educador social ao obter unha subvención ao amparo das convocatorias para entidades locais para programas de emerxencia social e inclusión social da poboación xitana, inmigrante e outras persoas en risco de exclusión, cofinanciada pola UNión Europea no marco do Programa FSE+Galicia 2021-2027.
As contías son de 42.312,00€ para o ano 2024 e de 11.643,76 € para o ano 2025, contías que non chegan para sufragar o custo do servizo. A diferenza será asumida polo Concello.
O posto de educador social realizará a función de mediación social, cultural e educativa, coa intención de facilitar as relacións interpersoais, minimizar as situacións de conflito e propiciar novos itinerarios para o desenvolvemento persoal, social e cultural, marcando como obxectivos a integración e a convivencia, non só cos alumnos, senón tamén cos familiares e a súa contorna.
En concreto :
- A detección e prevención de factores de risco que poidan derivar en situacións educativas desfavorables.
- Detección de necesidades sociais e previr desaxustes socio-familiares que poidan afectar negativamente o proceso educativo do alumnado.
- Promoción da Inclusión: garantir que todas as persoas, independentemente das súas circunstancias, teñan igualdade de oportunidades.