Nesta historia ninguén é o que parece. Un grupo de timadores intenta estafar a un político caído en desgracia pola súa ambición, pero este tampouco é tan parvo coma eles pensan, ou iso cre el.
Con este fio argumental, abórdanse temas serios como a infidelidade, a corrupción, a dependencia, a avaricia e a procura do amor, cun tono de humor. A intriga manterase ata o final.
Autoría: Jordi Galcerán.
Dirección: Patricia Neira.
Elenco: 5 actrices e actores.
Duración: 80 min.
Comedia de acción.
Público a partir de 14 anos.