María Pita reflicte a problemática dos nosos días: a desigualdade que aínda persiste entre homes e mulleres. Realízase un paralelismo escénico entre o século XVI e o XXI, onde unha heroína de guerra e unha árbitra de fútbol expoñen os obstáculos de vida e conversan co público.
Unha viaxe a través do tempo demostra que hai moitas máis Marías Pitas do que pensamos e cada unha nos contará a súa historia. O humor e ironía teñen o seu protagonismo, onde se conxugan os monicreques, a danza e a participación activa das asistentes.
Para toda a familia.