Sarria

Municipio de Interese Turístico

Sarria é unha vila xacobea nada en, por e para o Camiño de Santiago.

Foi fundada a finais do século XII polo rei Afonso IX de León e Galicia, co nome de Vilanova de Sarria. Na nacente vila morreu o 24 de setembro de 1230 cando peregrinaba cara a Santiago. Como Vila Real gozou de voto nas Cortes medievais.

En 1360 concedérona ao Conde de Lemos, permanecendo vinculada a ese título, e ao de Marqués de Sarria, ata principios do século XIX.

É cabeceira da Comarca “Terras de Sarria”, formada polos municipios do Incio, Láncara, Paradela, O Páramo, Samos, Sarria e Triacastela.

Atravesada polos ríos Sarria e Celeiro, que forman unha ampla e feraz veiga, encóntrase situada a 30 km de Lugo e a 111 de Santiago. Ben comunicada por ferrocarril e estrada, é o punto de inicio da peregrinacións preferido polo maior número de xacobitas, porque partindo de Sarria os camiñantes poden obter a “Compostela” co menor percorrido esixido.

A súa proximidade ás serras orientais galegas a súa riqueza natural fan que, ademais de espazo para camiñar cara a Compostela, sexa un bo lugar para coñecer un rico patrimonio, degustar a nosa gastronomía, descansar en numerosos establecementos hostaleiros e acolledoras casas de turismo rural ou perderse nun ambiente tranquilo gozando da beleza da paisaxe, opcións todas elas ao alcance de calquera visitante que decida escollernos como destino turístico.

OFICINA MUNICIPAL DE TURISMO DO CONCELLO DE SARRIA.

Vigo de Sarria 15

27600 Sarria (Lugo)

+34 982 53 00 99

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

SARRIA WEATHER

Sarria

Seleccione su idioma