Usos e costumes
Sarria é terra de costumes, crenzas, supersticións e lendas que conviven cun forte compoñente relixioso. Os usos e costumes de Sarria compártense cos de Galiza, territorio que por motivos históricos, culturais e xeográficos difire do resto peninsular.
Na nosa terra temos unha lingua propia, o galego, o cal conta cunha produción literaria e de pensamento propio, xunto con tradicións musicais, festivas e históricas que fan que Galiza teña una identidade cultural propia e marcada que está moi presente na nosa vila, Sarria.
Historicamente, en Sarria, coma no resto de Galiza, a influenza celta deixou pegada nestas terras. Os nosos devanceiros, os castrexos, emprazados na nosa vila, víronse influenciados pola chegada de poboadores do norte de Europa e illas, os celtas, os cales trouxeron usos e costumes que despois nós adoptamos coma propios xurdindo así a cultura castrexa, unha mestura da cultura dos poboadores de castros de Galiza cos denominados celtas. O culto á natureza, aos árbores e animais, ás augas, ás animas, todas esas tradicións que aínda hoxe chegaron a nós proveñen dos castrexos.
No século I ocuparon as nosas terras os romanos, civilización que dominou Europa na antigüidade, e que deixou en Galiza non soamente restos arqueolóxicos senón tamén cultura, e o máis importante, a nosa lingua, o galego, que provén do latín, xunto con construcións posteriormente aproveitados xa en época medieval como pontes ou calzadas, xa que son os inventores do urbanismo.
Os suevos na nosa terra tamén forman parte da nosa historia particular, é salientable o seu traballo con cerámica, acibeche, lousa, ouro, prata, ferro, bronce ou cobre, a parte de ser o primeiro reino medieval de Occidente.
Malia a importancia do paganismo e tradición antiga, a chegada do catolicismo transformou a nosa sociedade, pensamento e vila en xeral. Erguéronse grandes templos coma a antiga Igrexa de Santa Mariña, ou o primitivo Convento da Madalena, remodelado posteriormente.
É neste ámbito, o relixioso, onde aparece o Camiño de Santiago, o cal xurde a raíz do descubrimento da tumba do apóstolo Santiago, e que puxo a Galiza, e a Sarria, na órbita de toda a cristiandade.
O Camiño de Santiago axudou a forxar un pensamento de solidariedade que marca a nosa vila sarriana xa que falamos de lugar de acollida, de hospitalidade, xa népoca medieval construíndo mesóns, hospitais, e centros de culto coma as igrexas que erguéronse nese período histórico e que hoxe en día marca a nosa historia coma vila.
A contraposición do novo pensamento relixioso enfrontouse co paganismo de séculos de tradición, e malia o esforzo da Igrexa por facer desaparecer calquera ápice de culto non católico, aínda hoxe, conviven ambas. O cruceiro é un dos elementos que ten un claro sentido relixioso, empregados para sacralizar encrucilladas de camiños e guiar viaxeiros, marcando igrexas e capelas, e emprazándoos en lugares onde houbo mala sorte ou apareceu a Santa Campaña, lenda arraigada a nosa terra que fala da aparición dunha procesión de ánimas que advirten dunha morte o desgracia temperá. O cruceiro é símbolo desa cristianización galega con sentido protector, pero tamén, ágora, é un dos nosos emblemas, coma a cruz de Santiago vinculada a Galiza e englobando non únicamente un termo relixioso senón tamén histórico.
Na actualidade, esa convivencia vese plasmada nas festas máis importantes de Sarria, sendo o San Xoán e a Noite Meiga as festas por excelencia, as cales plasman ese dualismo de relixión e paganismo, de cruces e meigas, de rezos e encomendacións a natureza, que nós temos presente no noso día a día. En Sarria, terra labrega e gandeira, tanto podemos ver a xente encomendárse a virxen como falar ca lúa, a terra ou as pedras para solucionar calquer problema do campo, e iso e parte da nosa esencia.
Mentre que no San Xóan, festividade que ten orixe celta co solsticio de verán que xa celebraban eles ofrecen misa ao patrón de Sarria, sendo unha das máis concorridas, pola noite faise o rito da queimada, elemento tamén pagan que reflíctese no seu conxuro que empeza así... “Mouchos, curuxas, sapos bruxas; Demos, trasgos e diaños, espíritos das nevoadas veigas; Corvos, píntegas e meigas, feitizos das menciñeiras; Podres cañotas furadas fogar dos vermes e alimañas; Lume das santas compañas, mal de ollo, negros meigallos; Cheiro dos mortos, tronos e raios; Oubeo do can, pregón da morte, fouciño do sátiro e pé de coello...”, e tamén ponse nas casas auga nunha cunca con plantas medicinais e flores collidas o día 23 e que ponse na luz da lúa a noite de San Xoán e que sácase antes de que saia o sol para despois lavarte con ela e purificarte.
Por outra parte, unha das nosas festas insignes e a Noite Meiga que como o seu nome indica, e unha festa que ten como acto central un conxuro amoroso sobre unha lenda que ocorre en Sarria, Terra de Meigas, entre un trasgo e un mozo da comarca. Nesta festa bailan meigas e trasgos saltando fogueiras, elemento tamén de orixe celta, e amenizado por música tradicional.