Antigüidades de Sarria

En Sarria existen lugares onde o tempo se detén a contemplar épocas pasadas; espazos onde perderse entre obxectos que esperan ser descubertos para vivir outras vidas; mulleres que te guían coa súa experiencia a través doutros tempos.
Todo isto pasa nuns lugares únicos, que ven poderían ser museos, onde se expoñen cousas que formaron parte da vida cotián dos nosos devanceiros e evocan as vivencias da nosa infancia.
Ven a visitarnos, esperámoste nas tendas de antigüidades en Sarria.
pdf Unha Rúa chamada do Porvir que apostou polas antigüidades, por Xaime Félix López Arias (56 KB)