A Xunta impulsa unha plataforma para que veciños e visitantes disfruten e compartan as fotografías do Camiño.Unha aplicación galega e innovadora para compartir fotografías recorre varios concellos galegos para fomentar un Xacobeo máis participativo. A iniciativa nace da convocatoria “O Teu Xacobeo 2021”, impulsada pola Xunta de Galicia.
Adumbro, un estudo de deseño e desenvolvemento web, promove a realización do proxecto “Xacobeo 2021 con jjiffy” co apoio do programa O teu Xacobeo, impulsado pola Xunta de Galicia.
O proxecto “Xacobeo 2021 con jjiffy” nace para enriquecer a experiencia do Camiño de Santiago utilizando unha aplicación ou plataforma social que axuda a compartir as fotografías deses momentos, paisaxes e vivencias do Camiño da forma máis sinxela. O proxecto estase a lanzar nun total de 10 Concellos seleccionados entre os que están no Camiño Francés, no Camiño Inglés e o Camiño Portugués: Pedrafita do Cebreiro, Triacastela, Sarria, Portomarín, Melide, Arzúa, Betanzos, Ordes, Caldas de Reis e Padrón.
En cada un dos concellos seleccionados promóvese un concurso para que entre os habitantes locais e entre os peregrinos ou peregrinas que o desexen, se xunten todas as fotografías que se están a facer no paso por cada concello. O acceso a estes concursos e a información está disponible a través da páxina web do proxecto xacobeo.jjiffy.in para todo o que queira participar.