Sarria

Servizos Sociais

Servizos Sociais

Equipo profesional do SAT

O equipo profesional do SAT está conformado por os seguintes perfís profesionais: psicoloxía, pedagoxía, logopedia e maxisterio, especializados en desenvolvemento infantil e atención temperá. Algunhas das prestacións máis salientables son: a valoración funcional das necesidades das nenas, nenos, familias e a súa contorna, a intervención mediante unha atención persoalizada, especializada e multidisciplinar, ineludiblemente baixo a premisa fundamental da coordinación interservizos sociais, educativos e sanitarios.

Servizo de Atención Temperá

O Servizo de Atención Temperá -SAT- da Agrupación de Concellos de Sarria, Láncara, Triacastela, O Páramo, Paradela, Samos e O Incio foi posto en marcha en xullo do ano 2021. O seu obxectivo principal é:

  • Atender á poboación infantil de 0 a 6 anos, á súa familia e ao seu contorno co obxectivo de dar resposta o antes posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e as nenas con trastornos, ou situacións de vulnerabilidade, no desenvolvemento da súa autonomía persoal e a inclusión social. Desde os servizos de atención temperá ofrecerase unha intervención biopsicosocial que favoreza a adquisición ou a recuperación de funcións e de habilidades persoais e sociais para a mellora da autonomía, da convivencia social e familiar e da inclusión social. (Decreto 183/2013, p. 7)

Trátase dun servizo completamente gratuito xa que a Agrupación de Concellos resultou ser beneficiaria da convocatoria de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede Galega de Atención Temperá, neste intre, para os períodos 2022 a 2024, cofinanciada pola Unión Europea.

Contacto Servizo de Atención Temperá

 

 

SARRIA WEATHER

Sarria

Seleccione su idioma