Irmandamento Sarria e El Escorial
O sábado 19 de novembro de 2022 celebraremos o primeiro acto do irmandamento entre Sarria e El Escorial. Visitarannos o seu alcalde, tres concelleiros e o seu cronista oficial.
O acto solemne celebrarase no salón de plenos da Casa do Concello ás 12:00.
E xa ás 18:30, por ser o ilustre chocolateiro sarriao Matías López o personaxe que une a ambas as vilas, celebraremos unha festa na que o chocolate será o protagonista na que contaremos coa colaboración de distintos artesáns do noso pobo.
Será na Praza de Abastos, pois parece que choverá todo o día.