Sarria

Exposición fotográfica: Viaxe polo Mundo da Máscara

exposición fotográfica viaxe polo mundo da máscara

Antiga Prisión Preventiva.Oficina Municipal de Turismo do Concello de Sarria.


Do 24 de febreiro ao 24 de marzo de 2023. De luns a venres, de 9:15h a 14:00h


(outros horarios consultar nos teléfonos 982 530 668 ou 982 535 000).

 

Inauguración: 24 de febreiro de 2023 ás 18:00h

Mercedes Vázquez Saavedra, escritora e fotógrafa  corre camiños sarriá, levou a cabo unha investigación etnográfica arredor do mundo da máscara en Galicia e Portugal. Ese traballo de campo deu pé á presente exposición e a afondar no estudo do complexo mundo das máscaras co obxectivo principal da súa difusión e conservación. Actualmente, pertence á Academia Ibérica da Máscara con sede en Bragança.

Mercedes define así a súa obra: “A miña vida é o mundo da Máscara, un mundo máxico e paralelo. Non quero saír deste mundo de caretos e mascarados, non quero vivir no mundo real, non me gusta nada o que está a acontecer, inmigrantes que non son aceptados, miseria, fame, falta de principios e solidariedade.... Que está a pasar? Son tres días os que vivimos neste mundo, non paga a pena acumular riquezas, non paga a pena nada. Polo que decido quedar no mundo das máscaras, no que atopei xente que é capaz de compartir o que ten”.

 


 

 

Tagged under Exposición
SARRIA WEATHER

Sarria

Seleccione su idioma