Sarria

O Auto do Castromil. Teatro na Casa da Cultura.

Volve o teatro á Casa da Cultura!

O domingo 10 setembro, ás 20:00 horas, O AUTO DO CASTROMIL, unha coproducción de Teatrais Excéntricas e Centro Dramático Galego que gañou o III Certame de Proxectos Teatrais Manuel María

A obra acontece nunha viaxe onírica abordo dun coche de liña. Os viaxeiros dormen e talvez o conductor. As maletas e demais bagaxes amotínanse, cobran vida e repasan unha curiosa historia de Galiza, combaten a nosa amnesia conxénita usando autos populares e farsas do autor chairego. Nelas aparece a historia alucinada dun pobo que loita, é derrotado, volve levantar a cabeza e rebelarse de novo. Unha rebelión na que, ás veces, non temos mais armas que o humor e o espirito antroidesco. O auto do Castromil é unha viaxe en transporte público pola Galiza inconsciente.

 

 

SARRIA WEATHER

Sarria

Seleccione su idioma