Sarria

O Autobús do Teatro. 1 de maio.

Sobes ao autobús do teatro?

O Programa de mobilidade do Centro Dramático Galego convídanos ao teatro no Salón Teatro en Santiago de Compostela o próximo 1 de maio: Sarria será unha das paradas do autobús do teatro co que o Centro Dramático Galego celebra o seu 40 aniversario. 

Os asistentes poñerán rumbo a Santiago para ver a obra “Os actos e as profecías”, producción central do 40º aniversario do Centro Dramático Galego.

A obra está dirixida por Tamara Canosa, que tamén é coautora do texto xunto a Xacio Baño e ten como fío condutor os chamados talent shows, un dos formatos televisivos de maior éxito nos últimos anos. A partir del, abórdanse temáticas como a competitividade, as expectativas de superación, as presións constantes ou as esixencias impostas para o sacrificio.

"Os actos e as profecías" é unha das propostas resultantes do proxecto europeo Phōnē para a posta en valor tanto da diversidade lingüística europea como das linguas minoritarias a través do teatro. 

 

Se queres subir ao autubús e disfrutar desta oportunidade chama ao número 982535000 ou envía un correo a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo..

 

 

Tagged under teatro
SARRIA WEATHER

Sarria

Seleccione su idioma