Sarria

Inauguración Rúa Xela Arias

Dende 1957, por suxestión impositiva, Sarria tiña unha rúa adicada ao fascista José Antonio Primo de Rivera. O Concello de Sarria decidiu cambiar o nome desta rúa e adicarlla á poeta Xela Arias; e, o día 2 de maio de 2021, fíxose unha homenaxe no xardín da Capela de San Lázaro, o carón do mural coa súa imaxe, obra do artista Mon Devane.

O Concello de Sarria agradece a todos os que acompañaron ao equipo de goberno neste emotivo acto: Victor Freixanes, Presidente da Real Academia Galega; María José Goméz, Delegada Territorial de Cultura da Xunta de Galicia; Efrén Castro, Deputado Provincial e Mónica López, ambos Concelleiros de Sarria, e moi especialmente á familia de Xela, por compartir este día inesquecible.
Moitas grazas a Xaime Félix López Arias, que sen dúbida é a persoa que máis sabe sobre a historia de Sarria, a súa comarca e as súas xentes: debémosche moitos todas e todos.
Moitas grazas tamén a Peleriños e a Mila, a súa presidenta, que amenizaron o acto con música e poemas de Xela Arias.
E mil grazas a tódolos veciños e veciñas que se achegaron a vivir este momento histórico e por suposto aos que non puideron vir pero están tan orgullosos e felices coma nos.

Tódolos bebés son tu e ningún coma ti.

Tódolos nenos son tu e ningún coma ti.

Tódolos adolescentes son tu e ningún coma ti.

Tódolos mozos son tu e ningún coma ti (...)

"Darío a diario" Xela Arias 1996

{gallery}xela{/gallery}

Tagged under Xela Arias
SARRIA WEATHER

Sarria

Seleccione su idioma