Sarria

Festival Matías López. A Cultura do chocolate

Sarria, 12, 13 e 14 de maio de 2023.

SARRIA BERCE DA CULTURA DO CHOCOLATE.

Durante o século XIX e por razóns fundamentalmente económicas chegaron a Madrid gran número de persoas procedentes de Sarria pertencentes a diferentes xeracións, que alcanzarían o éxito económico no ámbito da fabricación venta e distribución dun producto: O Chocolate.

Ao longo de muitos anos exerceron a súa profesión, estableceron vínculos entre eles e ocuparon cargos de enorme importancia no ámbito político ou social, tendo sempre como punto de referencia o seu lugar de nacemento: Sarria.

Entre todos estes emigrantes destaca Matías López polo seu caracter emprendedor, por ser o primeiro con campañas de marketing nunha España iletrada e polo seu grande compromiso social coas persoas traballadoras. Matías naceu en Sarria no 1825 e sendo mozo foi chamado polo seu irmán para ir traballar a Madrid. Tras abandonar o oficio de xastre e aprender o oficio de comerciante, traballou nun taller de chocolate durante sete anos, bagaxe que lle permitiría despois montar o seu taller para a elaboración deste produto, fundando en 1851 a empresa “Chocolates y Dulces Matías López”.

Nacían así os coñecidos Chocolates Matías López. En 1874, o novo empresario amplía o negocio e compra una fábrica refinadora de azúcar en “El Escorial de Abajo”. Nese momento, o chocolate non se elaboraba en grandes cantidades, é un alimento exclusivo da clase alta, polo que a gran innovación de Matías López foi comezar a elaborar chocolate a grande escala incorporando máquinas a vapor no proceso de produción.

Naquela época, unha parte moi importante da poboación e, polo tanto, dos novos consumidores de chocolate, era analfabeta. Matías López decidiu vender o seu producto a través de dibuxos creando o Primeiro Cartel Publicitario de España: “Los Gordos y los Flacos”. Non facía falla saber ler para entender o que quería vender. Matías López morre en 1891 deixando una fábrica de 500 traballadores e unha das 3 chocolateiras máis importantes de Europa. A fábrica pecha en 1964 mas isto non significa que o seu legado sexa esquecido ou desaparecera.

Presentámosvos, en primicia, as décimas escritas por O Xeringador de Romelle na súa honra:

Con López, duplo apelido,
tendo por nome Matías
foi dende mozo espelido
e filántropo sabido.
Chocolate fabricando
un imperio foi armando
e con Sarria foi leal
Escolas e un Hospital
para o seu pobo creando.
...
Por Sarria foi deputado
Vitalicio Senador,
dos sarriaos o mellor
e como tal sinalado
foi por todos venerado.
En Sarria e El Escorial
por conspicuo liberal
honrase adoito a memoria
de quen sinalan na historia
por cidadán principal.
 

Festival Matías López

jpg

cata

Size: 369.59 KB
Hits : 125
Date added: 2023-04-30
jpg

cócteles

Size: 292.25 KB
Hits : 81
Date added: 2023-04-30
jpg

concurso

Size: 418.23 KB
Hits : 97
Date added: 2023-04-30
jpg

obradoiros

Size: 301.46 KB
Hits : 91
Date added: 2023-04-30
pdf

Programa Festival Matías López

Size: 1.14 MB
Hits : 133
Date added: 2023-05-13

Xunta de Galicia
 
Tagged under Festival chocolate
SARRIA WEATHER

Sarria

Seleccione su idioma