Sarria

15 actividades desde o xoves no "Sarria. Blues no Camiño"

A segunda edición do Festival de Músicas Afroamericanas "Sarria. Blues no Camiño" encherá as rúas da vila de ritmo, música, cultura e diversión cunha quincena de actividades desde a tarde do xoves 3 de agosto ata o noite do domingo 6 de agosto.

Esta é a programación oficial:

XOVES 3 DE AGOSTO
18.00 horas: Proxección do documental "Hondarribia crossroads. Una historia del blues español", no Antigo Cárcere.
20.00 horas: Inauguración oficial do festival coa actuación de The Pipers Blues Band na igrexa de San Salvador.
20.30 horas: Concerto de Lust´N´found na igrexa de San Salvador.
22.30 horas: Concerto de The Hoodoo Doctors na Praza de Santa Marina.

VENRES 4 DE AGOSTO
10.30 horas: "Blues a maiores", con Lust´N´found e Ma Loesome na Residencia de Maiores Nosa Señora do Carme.
13.00 horas: Concerto-presentación do libro "Al compás del vudú", con Sister Marion e Héctor Martínez, na Casa da Cultura.
19.00 horas: Concerto de Lust´N´found no Malecón.
21.00 horas: Noite de baile e verbena con cea sureña no Meigallo, en colaboración con A Verbena Fest: concerto de Taninos Maduros, Los Naipes e El Pavoni & The Moonshine Tones.
1.00 horas: Fin de festa co dj Grande Osso.

SÁBADO 5 DE AGOSTO
12.00 horas: Pasarrúas popular con Pinky Blinders e The Hoodoo Doctors (percorrido pola Rúa da Liberdade, entre o cruce da Estación e a Praza de Galicia).
21.00 horas: "Matías Moreno Experience" na Feculera. Concertos de Índigo Blues e Gisele Jackson & The Shu Shu´s.

DOMINGO 6 DE AGOSTO
13.00 horas: Concerto de The Hoodoo Doctors no Campo da Feira.
14.00 horas: Concerto de The Hoodoo Doctors na Zona Ciguñeira - principio do Malecón.
18.00 horas: Presentación da revista "Macheta", da Asociación Huhú, con Lust´N´found, no Xarope.
22.00 horas: Jam de peche do festival e "festa Macheta" na Rúa da Música.

program-blues-c
verbena-blues
Docu
Lust-n-Found-1-c
Hoodoo-Doctors-3-c
Miriam-Aparicio-Sister-Marion-c
El-Pavoni-c
Dixie-Blinders-c
bellvitgepage-0001-1c
gisellepage-0001-c

SARRIA WEATHER

Sarria

Seleccione su idioma