Sarria

UNED Lugo abre a matrícula da UNED Sénior para o curso 2023/24

A UNED de Lugo vén de abrir o prazo de matrícula da UNED Sénior (persoas maiores de 55 anos de idade, con independencia da formación académica que posúan) en Sarria no curso 2023-24.

Dito prazo permanecerá aberto ata o día 27 de outubro e o comezo do curso terá lugar entre os días 16 e 20 de outubro, rematando as clases en febreiro de 2024. Nos primeiros catro meses impartiranse cursos de "Inglés para viaxar" e de "Introdución á literatura galega". As persoas interesadas en matricularse poden obter máis información chamando ao teléfono 982 28 02 02 ou enviando unha mensaxe ao Whatsapp 608 577 391.

A matrícula pódese formalizar presencialmente na Biblioteca Pública Municipal (Casa da Cultura de Sarria) ou a través de internet na ligazón https://extension.uned.es/actividad/33433 O número de prazas dispoñibles é de 20 e o importe da matrícula ascende a 50 euros.

SARRIA WEATHER

Sarria

Seleccione su idioma