Sarria

Sarria homenaxea á muller rural cun mural de Eva Mena en Perros

As paredes dun cuberto situado no lugar de Perros, na parroquia sarriá de Santo Estevo de Calvor, locen desde hai días un espectacular mural exterior que representa a varias mulleres vestidas co traxe típico rexional galego e que pretende homenaxear a todas as mulleres do rural de Galicia.

A concelleira do Camiño de Santiago e Turismo, Reyes Abella, sinala que esta obra da artista mural bilbaína Eva Mena está financiada a través dun convenio para a mellora paisaxística e promoción do Xacobeo no Camiño Francés, asinado pola Axencia de Turismo de Galicia, a Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés e os concellos que forman parte dela, entre os que se atopa Sarria.

Reyes Abella adianta que a pretensión do Concello de Sarria é que varias muralistas mulleres realicen ao longo do presente mandato diferentes murais exteriores en puntos do Camiño Francés ao seu paso por Sarria, seguindo en todos eles o fío argumental de homenaxear á muller rural galega. A concelleira aproveita para amosar o agradecemento do goberno local á veciña de Perros Josefa López Somoza pola cesión do alpendre da súa propiedade para a realización deste primeiro mural.

SARRIA WEATHER

Sarria

Seleccione su idioma