Sarria

O Concello ampliará as piscinas de verán.

O Concello inicia a tramitación do expediente de compra de terreos para a ampliación das piscinas de verán no parque do Chanto.


A área de deportes destaca a necesidade de ampliación debido á alta demanda do uso das instalacións, que se ve reflectido nos datos de entrada dos últimos anos, con clara tendencia á alza.
Así, en 2024 o número de entradas vendidas foi de 12,210 e o de abonados foi de 542 familiares e 56 individuais, o que supón un incremento respecto a 2023 de máis de dous mil entradas e de máis 150 abonos.

Os terreos para adquirir son as leiras que aparecen sinaladas no plano adxunto, e o prezo total é de 135,000 euros.

Unha vez finalizado o procedemento de adquisición estudaranse as mellores opcións para que os sarriáns, pequenos e maiores, poidan gozar dunhas ampliadas e mellores instalacións destinadas ao lecer estival e ás actividades en familia relacionadas coa auga.

Tagged under melloras O Chanto
SARRIA WEATHER

Sarria

Seleccione su idioma