Sarria

Alcaldía traballa pola continuidade do matadoiro municipal.

Esta mañá reuníronse en Lugo a Conselleira de Medio Rural, María José Gómez e o Alcalde de Sarria, Claudio Garrido, acompañado da Concelleira da área, Geni Valcárcel, para abordar a reapertura do Matadoiro Municipal sarrián, pechado temporalmente.


Na reunión, solicitada por Sarria no mes de setembro, o alcalde trasladou á conselleira o interese do concello en manter aberto o matadoiro municipal dada a súa importancia e relevancia histórica, tradicional e económica, así como a imposibilidade de xestionalo como ata o de agora, non polo déficit, senón porque a actividade do matadoiro é de carácter comercial e competitivo, e, por tanto, impropia dunha administración pública, tal e como o demostra o feito de ser o único matadoiro municipal de xestión pública que queda en Galicia.
Falouse así mesmo na reunión das xestións levadas a cabo por alcaldía con profesionais do sector cárnico do concello a fin de que estes fáganse cargo da xestión, comprometéndose a Conselleira para colaborar na reparación, arranxos e renovacións que sexan preceptivas se se presenta un plan de viabilidade na xestión. O acalde e a concelleira manifestaron a súa intención de continuar coas negociacións mesmo con profesionais de fóra da comarca sarriá.
Finalmente, manifestouse polo alcalde que se non hai máis remedio, no caso de que resultasen infrutuosas as xestións anteriores o desexo e vontade do equipo de goberno é converter o matadoiro de Sarria nun matadoiro de servizo aos particulares que tradicional e historicamente fan as matanzas.

Tagged under matadoiro
SARRIA WEATHER

Sarria

Seleccione su idioma