XXV Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño.

O 10 de marzo publicáronse no BOP as bases da XXV Edición do Premio Fiz Vergara Vilariño de Poesía.
Ao igual que nas anteriores edicións o premio, convocado pola Asociación Cultural Ergueitas e o Concello de Sarria, acollerá as obras presentadas de conformidade as bases, en galego, orixinais, e dunha extensión mínima de 500 versos.
O prazo de inscrición finaliza o 11 de maio.