Sarria

Ultreia et Suseia. IV Edición.

Durante unha semana, Sarria converterase nun escenario vivo, cunha programación diversa, entretida e para todos os públicos co Festival Ultreia et Suseia.

 

As súas rúas encheranse de música, teatro, obradoiros, performances e actividades que conectan á veciñanza co seu patrimonio cultural, mentres ofrecen aos milleiros de visitantes —moitos deles peregrinos no Camiño de Santiago— unha experiencia que transcende ao turismo convencional.
Ultreia et Suseia significa formar parte dun proxecto con alma, cun forte compromiso social e cultural, e cun impacto real no territorio. 

A identidade, a creatividade, a tradición e a innovación son valores a destacar neste festival, no que interveñen as asociacións culturais de Sarria e a súa contorna con actividades e eventos para todas as edades.

Máis info en http://www.ultreiaetsuseia.gal

 

 

14-15
15-16
18
17
19
19-b
20

SARRIA WEATHER

Sarria

Seleccione su idioma