Sarria

Nadal en Sarria

Nadal Concello de Sarria

Do 20 de decembro ao 5 de xaneiro, gozaremos de máis de trinta actividades de ocio, deporte, cultura e tradición por toda a vila.  Obradoiros, circo, música, xogos populares, teatro, deporte, maxia... para todas as idades e intereses. A novidade deste ano é unha gran Carpa de Nadal que acollerá moitas das actividades.  

 Boas festas e próspero 2026!                                                                                                                                                                            Estamos a vivir tempos duros e difíciles, momentos nos que a solidariedade, a colaboración e a axuda entre os veciños son máis importantes que nunca. Polo que respecta a Sarria, desde o concello intentamos que a vida diaria de todos e todas sexa o mellor posible todos os días do ano, intentamos mellorar as infraestruturas, os servizos e, en defintiva a convivencia entre todos e todas, aínda que non podemos resolver todas as inquietudes e problemas. Sarria non é diferente a outros concellos de España e estamos nunha situación económica difícil, na que a prestación de servizos como unha escola de música, un centro de saúde e de deporte, as instalacións da piscina climatizada, a asistencia domiciliaria ou unha residencia de anciáns municipal xeran uns gastos que impiden outras inversións. Se queremos manter todo esto temos a obriga como cocello de aforrar noutras cuestións. Por eso este ano por Nadal non hai pista de xeo nin moita iluminación de nadal. Porque non podemos. O que si podemos é organizar unhas festas de Nadal pensadas para todas as idades e gustos, para todas as familias, unhas celebracións centradas nas persoas e nunha gran carpa de circo que preside a Praza da Vila.Convídovos a todos a vivir un Nadal diferente, cheo de maxia, música, circo, amizade e moito, moito amor. Convídovos a chear as rúas de alegría e risas, a mercar no comercio local, a visitar os nosos locales e, como non, a ir ao teatro, aos espectáculos, expos e actividades previstas todos os días.Gozade destas festas de Nadal e agardemos con ilusión e gañas 2026, que sexa un ano de paz, solidariedade, e alegria e que xuntos, podamos acadar todos os nosos soños, ilusións e desexos.Boas festasl!Bo 2026!

SARRIA WEATHER

Sarria

Seleccione su idioma