Sarria

Letras Galegas 2026, dedicadas a Begoña Caamaño

O Festival Letras Galegas 2026 dedicado a Begoña Caamaño celebrarase na Sociedade A Unión.

O Concello de Sarria patrocina o Festival Letras Galegas 2026, organizado por Sarricanta coa colaboración da Sociedade A Unión.

A cita será o domingo, 17 de maio, ás 19:30 horas, na Sociedade A Unión.

O programa contará coas actuacións da Banda de Música de Sarria, Sarricanta Coro, Cantareir@s da Unión e Rebuldeira Teatro, ademais doutras sorpresas.

Unha proposta para celebrar a lingua e a cultura galegas en comunidade.

 

En https://academia.gal/letras-galegas/2026/begona-caamano podedes descubrir "a luz e a voz de Begoña Caamaño" a través dos artigos de Ana Romaní e Henrique Monteagudo, asi como un documental.

SARRIA WEATHER

Sarria

Seleccione su idioma