Sarria

II Edición “Sementa, florece, plántate contra a VX” 25N

O Concello de Sarria volve alzar a voz de forma unánime contra a violencia machista. E faino, por segundo ano consecutivo, coa campaña “Sementa, florece e plántate contra a violencia de xénero”. 

Unha mensaxe tan sinxela como necesaria: “Sementar igualdade, florecer libres e plantarnos todas e todos, coma sociedade, contra a VX”. 

Unha campaña, impulsada pola Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller (CIM), que se estende ao alumnado dos centros educativos a través dun programa de actividades de sensibilización e prevención adaptadas a cada etapa formativa, desde Ed. Infantil ata a ESO.

O obxectivo principal, unha vez máis, é xuntar esforzos na sensibilización, na prevención e na erradicación da violencia cara as mulleres desde a infancia e a xuventude: “A educación é a semente que garante unha sociedade que floreza máis xusta, libre e segura”.

PROGRAMA:

- Peza teatral “Golpes”, da compañía aAntena e interpretada pola actriz Estíbaliz Veiga, co alumnado de 3 e 4º de ESO dos IES Gregorio Fernández e Xograr Afonso Gómez e dos CPR Plurilingüe Nosa Sra. da Asunción e A Mercé.

- Obradoiro de educación en igualdade “O mundo de cores de Roque e Lía”, co alumnado do 2º ciclo de Ed. Infantil do CEIP Frei Luís de Granada, EEI Xela Arias, e dos CPR Plurilingüe A Mercé e Nosa Sra. da Asunción.

- “Talleres cociñando valores de igualdade”, a cargo de Javier Carrón, co alumnado de Ed. Infantil e/ou de Ed. Primaria da EEI Xela Arias, dos CEIP Frei Luís de Granada e Antonio Fernández López (Oural) e dos CPR Plurilingüe A Mercé e Plurilingüe Nosa Sra. da Asunción.

- Actividade de coeducación “Pegadas no tempo”, a cargo da Axencia de Igualdade LARUME, co alumnado de 1º e 2º de ESO dos IES Gregorio Fernández e Xograr Afonso Gómez e dos CPR Plurilingüe Nosa Sra. da Asunción e A Mercé.

Convidamos tamén a veciñanza sarriá á lectura do Manifesto en conmemoración do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, que se celebrará o mércores, 25 de novembro, ás 13:30h no Concello de Sarria.

SARRIA WEATHER

Sarria

Seleccione su idioma