Sarria

Rally San Froilán 2024 en Sarria.

Os dias 18, 19 e 20 de outubro celebrarase a última proba do Campionato Gallego de Rallyes de asfalto 2024.

 

A proba contará con 5 treitos diferentes, de doble pasada todos eles, nun total de 448,08 km, 103,86 km cronometrados.

Os treitos trasncorrerán polos concellos de Outieor de Rei,  O Corgo, Láncara, O Páramo e Sarria, localidade esta última onde se fará o reagrupamento na Rúa da Liberdade.

O sábado día 19 de outubro o Rallie San Froilán percorre o noso concello, concretamente o xa mítico tramo de Goian. Por elo varias estradas estarán cortadas pero estarán habilitadas vía alternativas.
O reagrupamento do Rallie será na Rúa Liberdade, concretamente no Boulevard a partir das 16:00 horas. Tamén na rúa Matías López reservaranse aparcamentos para equipos antes de acceder o parque de reagrupamento. Ocasión perfecta para ver de preto todos os equipos  participantes.

Desde o Concello animamos a tod@s @s veciñ@s a que acudan tanto o tramo de Goian como a zona de reagrupamento para disfrutar do Rallie. Rogamos precaución e obedecer en todo momento tanto a organización como as forzas de seguridade para vivir o rallie coa maior seguridade posible.

Tamén desexamos o maior dos éxitos os equipos locales que participan nesta proba!!

Vemonos no tramo!!!

 

 Deixamosvos a info de interese nas seguintes imaxes:

ral-sarr
ral2
ralhor

 

Tagged under rally carrera deporte
SARRIA WEATHER

Sarria

Seleccione su idioma