"Estados emocionales". Nova exposición de pintura na Antiga Prisión Preventiva.

O próximo 28 de abril e ata o 28 de maio a Antiga Prisión Preventiva acollerá unha nova exposición de pintura da autora sarriá Mercedes Freixo, Pompe.
A exposición, que leva o título de "Estados emocionales" supón a volta da pintora aos espazos públicos despois dun tempo desaparecida das salas.
Nas súas propias palabras "Así es como pinto. El acto de pintar ha sido la forma en la que me he expresado toda mi vida".
Non a perdades.