Sarria

Enredadas no cambio. Exposición fotográfica

A Oficina Municipal de Turismo - Antiga Prisión Prevantiva de Sarria – acolle, do 15 de maio ao 1 de xuño, Enredadas no cambio.

Enredadas no cambio é unha exposición fotográfica que convida a descubrir o poder transformador das mulleres emprendedoras en distintas partes do mundo.

A mostra, organizada por Fundación Taller de Solidariedade, co apoio do IRPF da Xunta de Galicia visibiliza as historias de oito mulleres de Perú, Bolivia, Nicaragua, Colombia e España que, a través dos seus proxectos e iniciativas, están cambiando non só as súas vidas, senón tamén as das súas comunidades.

A través das súas testemuñas, a exposición achéganos a temas coma o emprendemento femenino, a economía social, o consumo responsable e a loita pola igualdade. Enredadas no cambio é máis que unha exposición: é un convite a reflexionar sobre o papel das mulleres como motor de cambio nun mundo que segue a enfrontar desafíos na procura da xustiza social e a equidade.

A mostra poderá visitarse de maneira gratuita Antiga Prisión Preventiva de Sarria formando parte de maneira complementaria á programación prevista polas xornadas Sarria <30, un encontro artellado ao longo do mes de maio, no que Taller de Solidariedade contará cun espazo para a presentación da entidade o día do evento central.  

SOBRE TALLER DE SOLIDARIDAD Organización de cooperación internacional para el desarrollo con sede en Madrid, Lugo y Alicante fundada en 2001 junto a la Congregación Siervas de San José. Trabaja con mujeres, jóvenes y comunidades en Bolivia, Colombia, Cuba, Nicaragua, Papúa Nueva Guinea y Perú, impulsando proyectos que promueven el acceso al trabajo digno, la igualdad de género, la economía social y la justicia global.

En 2026 celebra su 25.º aniversario bajo el lema «25 años caminando juntas». CONTACTO ACTIVIDAD: CONTACTO DE PRENSA · Sonia Carralafuente [Comunicación TdS]  Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.  |  638 02 81 51 · 91 535 95 58   —   Yolanda Lojo [Prensa TdS]  Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.  636 47 42 43 Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.  676114153 Lope de Rueda, 46 2E · Madrid 28009 · tallerdesolidaridad.org 

SARRIA WEATHER

Sarria

Seleccione su idioma