Noite Meiga 2024.
Tras unha magnífica edición do Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria, Maxia no Camiño, nun verán inesquecible cheo de actividades e eventos para todos os públicos, tras as festas de San Xoán, Ultreia et Suseia, a III Edición de Blues non Camiño, o VerbenaFest, actividades para os peques… chega a Noite Meiga, unha noite inesquecible para todos os sarriáns e visitantes nun ano moi especial, pois a Asociación Meigas e Trasgos iniciou o procedemento para a súa declaración como Festa de Interese turístico.
Non será esta a única novidade deste ano, senón que 66 comercios locais colaboran coa Noite Meiga recollendo notas con desexos de clientes para queimalos na fogueira. As meigas e os trasgos recollerán as notas durante os días previos á celebración para queimalos posteriormente. Pola compra en tres establecementos da localidade os clientes poderán conseguir unha bolsa tote bag conmemorativa.
Por terceiro ano consecutivo a Noite Meiga ten unha pulseira conmemorativa que podedes conseguir todos os asistentes.
As celebracións comezarán o venres 30 de agosto cunha camiñada popular cos tradicionais fachos seguida da actuación de Baiuca no Parque do Chanto ás 23:00 horas.
Xa o sábado 31 ás 20:00, no local social de Meigas e Trasgos o pregón será pronunciado por Vicky Pérez Penela, á que seguirán as actuacións da Banda de Música da Comarca de Sarria e os Clarisaxos da Escola de Música de Sarria e de Meigas e Trasgos. Á 1:00: terá lugar a espectacular Danza da Noite Meiga. Tras esta, concerto do grupo Broken Peach.
O domingo haberá taller e concerto infantil a partir das 16:30.
https://youtu.be/7yOZq7tMf_0?si=KLYEjJ-ggZ7dYeOE