Sarria

Traballos do Campo. Mercedes Vázquez Saavedra.

A Antiga Prisión Preventiva acollerá desde este luns, 16 de setembro, a exposición fotográfica TRABALLOS DO CAMPO, da polifacética sarriá Mercedes Vázquez Saavedra, Merce Moreno.

 

A mostra pon en valor a malla, a sega ou o pastoreo e outras tareas agrícolas tradicionais e entronca con outros dos seus traballos, dos que xa poidemos gozar neste espazo. Son fotografías en blanco e negro, de Portugal e Galicia, e a muller ten un protagonismo indiscutible.

 

Invitamosvos á inauguración deste magnífico traballo, o 16 de setembro ás 19:00 horas: gozaremos visualmente e aprenderemos sobre etnografía, socioloxía e outras moitas cuestións coas explicacións da artista.

 

Grazas, Merce, por compartir con nós a túa arte.

Tagged under Exposición fotografía
SARRIA WEATHER

Sarria

Seleccione su idioma