Sarria

XII Máster de futbolín de Sarria 2024.

O sarriao Jonathan  Lopez "Jony" é o organizador do Máster de Sarria de Futbolín. Xuntaranse máis de 200 parellas non só de Galicia, senón de toda España.

Durante os días 31 de outubro e 1 e 2 de novembro reuniranse en Sarria mais de catrocentas persoas para xogar ao que mais lles apasiona: o futbolín. Ademais de desfrutar poderán facerse con algún dos premios, cuio importe alcanza os 9.000 euros, o que supón un incremento de máis de dous mil euros respecto á anterior edición.

Competirase nas tres modalidades: movimento, parado e feminino e celebrarase, de novo, no Pavillón dos Insitutos.

Convidámosvos a gozar da competición e, aos que ainda non o fixestes,  coñecer este fermoso e divertido espectáculo que é o futbolín. 

 

 

Tagged under futbolín
SARRIA WEATHER

Sarria

Seleccione su idioma