A Sarriana a Segunda!

Parabéns á SD Sarriana, xogadores, corpo técnico, directiva e a gran familia de afeccionados sarriaos!
Na 2025-2026 o noso equipo participará por primeira vez na súa historia na 2ª Federación, de ámbito nacional, acadando asi un fito deportivo que chega despois dunha tempada memorable. Asi poderemos asistir a partidos contra Bergantiños FC; Coruxo, Deportivo Fabril, o el Ourense, galegos ou con históricos como o CD Numancia, equipo de Primeira División na 2008-2009.
O Concello de Sarria, co Alcalde e o Concelleiro Delegado da Área de Deportes á cabeza, está xa a traballar para lograr as melloras necesarias de A Ribela nesta competición e que os sarriaos e sarriás segan a estar orgullosos do seu equipo de fútbol. Sen dúbida será indispensable a colaboración e axuda do resto das administracións, e xa contando con ela, dámoslles as grazas por adiantado.