Sarria

En negro contra as violencias

En negro contra as violencias

Un ano máis, o Concello de Sarria súmase á campaña En Negro Contra as Violencias: 21-25 de novembro de 2019

51 mulleres á data asasinadas da man das súas parellas (3 delas na nosa Comunidade Autónoma), 43 menores orfos.

Fronte a isto, todas as forzas son poucas para amosar o rexeitamento unánime do noso municipio a calquera forma de violencia sobre as mulleres.

Algúns pensaredes que todo esforzo está a ser en balde. Que as fórmulas que empregamos non están a dar resultados.

As múltiples formas de violencia (física, psicolóxica, económica etc.) que se exercen contra as mulleres constitúen un grave problema social, que nos incumbe a todas e a todos.

"En Negro contra as Violencias" uniu o tecido económico, asociativo, educativo, deportivo, social e cultural, así como a veciñanza, nunha resposta unánime de rexeitamento ás violencias de xénero e aos asasinatos machistas. Sen grandes recursos económicos, pero con moita ilusión, e un proceso de traballo extenso no tempo, a dimensión comunitaria da campaña é o principal reflexo do alcance da colaboración que conseguimos.

Esta campaña desenvolverase conxuntamente con máis dun centenar de vilas e cidades galegas (126 no día de hoxe), e cos seus respectivos centros de ensino.

Novamente, solicitamos o voso apoio: o de todo o tecido empresarial, o dos distintos colectivos sociais, o da cidadanía

Moitos conservades o material doutros anos, nos que amosastes o voso firme compromiso nesta acción social colectiva. Propoñémosvos vestir de loito a nosa vila en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia, e como resposta á máis dura das súas consecuencias, a morte. Dar protagonismo ás rúas coa vosa creatividade: sodes o grande escaparate no que podemos transmitir a mensaxe de denuncia e solidariedade: queremos Sarria libre de violencias machistas!

Do 21 ao 25 de novembro, decora a túa tenda, comercio, empresa, bar, posto do mercado, balcón, etc. de negro, viste os manequíns, os manteis do teu restaurante, ou a ti mesmo/a de negro. Nós podemos facilitarche información: 982535061 Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Os que xa estades adheridos doutros anos, non é necesario realizar ningún trámite. Este ano podedes descargar o voso cartel personalizado. Se estades interesados, si debedes realizar a vosa adhesión e baixalo no seguinte enlace: https://ennegrocontraasviolencias.gal/personaliza-en-negro

E, por favor, compartide nas redes sociais a vosa imaxe. Trátase de acadar a máxima difusión. Empregade en Twitter, Facebook e/ou Instagram a etiqueta #ContraAsViolencias #GaliciaEnNegro. As vosas achegas aparecerán no apartado colleita da web (a incorporación non é inmediata).

Animámosvos a sumarvos á campaña e a construír entre todas e todos unha Sarria libre de violencias machistas.

Vive e educa en igualdade. Os nosos actos configuran a realidade!

Tagged under Actividades CIM
SARRIA WEATHER

Sarria

Seleccione su idioma