Expo Cuir” é o título da exposición que Zoe Vixion presenta durante todo o mes de marzo na Casa da Cultura. Nela, a través da fotografía, reflexiona sobre os dereitos humanos, a diversidade e o respecto.
Profesional das artes escénicas, dirección, iluminación a través da súa marca persoal, Zoe Vixión, busca normalizar a colectivos a través das súas reportaxes.
A mostra foi realizada no festival AgroCuir, reflectindo o respecto e a diversidade como orixe da convivencia.