O Campo de Golf O Pilar de Sarria, situado en pleno Camiño de Santiago, acollerá os días 1 e 2 de xuño o Campionato de España Sénior Masculino de Pitch&Putt.
Este evento deportivo de alto nivel terá como escenario o campo sarrián, homologado pola Real Federación Española de Golf, tras a súa celebración en campos de golf das cidades de Madrid (2023); Alacante (2022); Xixón (2021), Benalmádena (2020) ou Murcia (2019), o que o converte nun fito no deporte do noso municipio.
Máis info en www.elpilarsarria.com