Igual que o ano pasado, Huellas de Sarria e seis asociacións máis (nesta edición incorpóranse dúas mais), AGAE (Asociación Galega de Adopción de Exóticos), Michos de Lugo, Asociación Mau Lemos, Almanimal, Refuxio Becerreá e a Asociación pola Protección Animal, organizan a Feira Solidaria Boas Pulgas.
Día: 24 de agosto
Horario: 12.00 a 20.00
Lugar: Rúa Liberdade, 136 en Sarria, Lugo (na chaira do antigo ambulatorio)
Ademais dos mercadillos solidarios de cada unha das entidades que participan, onde poderás atopar roupa, obxectos vintage ou artesanía e comprar lotería de Nadal, haberá música, vermut e picoteo, un recuncho de doazóns de alimentos e cousas para os animais, actividades infantís e un sorteo entre todas as persoas que participen.
O vermut inclúe unha bebida e un petisco para elixir entre algunhas opcións, e podedes realizar a reserva anticipada da consumición no qr do cartel.
Para calquera dúbida, podedes contactar en
https://huellasdesarria.protecms.com/
https://www.facebook.com/groups/253936845182960/
Seleccione su idioma