O 28 de setembro terá lugar o II Torneo Rugby Veteráns Vila de Sarria, organizado polo mítico Landrús Rugby Sarria e o Muralla Rugby Club, coa colaboración da Fundación Veteráns Lugo Rugby, a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e o Concello de Sarria.
Así, todo comezará ás 11.00 horas coa recepción de equipos e ás 14.00 horas será o terceiro tempo, rematando ás 15.00 horas co xantar. Ademais, pola tarde haberá actividades e actuacións aínda por desvelar.
Todas as persoas interesadas en participar na iniciativa, que se desenvolverá no campo do Chanto, poderán apuntarse ata o 8 de setembro pagando unhs inscrición de 25 euros e para desfrutar da comida deberán pagar outros 25.
Pola súa parte, as persoas que non participen da iniciativa, pero queiran estar no terceiro tempo e no xantar conxunto, poderán facelo pagando unha entrada de 35 euros.
Seleccione su idioma