O martes 7 de outubro ás 08:00 h comezan os traballos de asfaltado na rúa Diego Pazos, no tramo urbano comprendido entre o cruce da Ciguñeira e a Pontevella.
A intervención, executada pola Xunta de Galicia ao tratarse dunha vía de titularidade autonómica, realízase en coordinación co Concello de Sarria e a Policía Local.
Durante os traballos poderán producirse restricións puntuais de tráfico e estacionamento, polo que se pide á veciñanza:
-Respectar a sinalización provisional.
-Seguir as indicacións da Policía Local.
-Evitar estacionar na zona afectada mentres duren as tarefas de asfaltado.
O novo firme mellorará a seguridade, a adherencia e a durabilidade da vía, reducindo o ruído e o desgaste do pavimento.
Félix Seijas, concelleiro de Seguridade Cidadá:
“O asfaltado entre o cruce da Ciguñeira e a Pontevella vai mellorar notablemente o tránsito diario e o acceso ao centro urbano. A coordinación coa Policía Local permitirá minimizar as molestias e garantir unha obra rápida e segura.”
Grazas pola túa comprensión e colaboración.
Seleccione su idioma